Lingua timucua

Timucua
Pronuncia:[tiˈmuːkwa]
Falado en: Península de Florida
Extinción: segunda metade do século XVIII
Familia:
 Timucua
Escrita: Publicado en alfabeto español, 1612–1635
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: tjm
Mapa
Status

O timucua é unha lingua morta e illada falada outrora polo pobo timucua no norte e centro da actual Florida e no sur de Xeorxia. O timucua foi a principal lingua da área antes da colonización española en Florida. As diferenzas entre os nove ou dez dialectos do timucua eran leves, e servían para marcar bandas ou fronteiras tribais. Algúns lingüistas suxiren que o tawasa, que habitaban no que hoxe é o norte de Alabama poderían ter falado Timucua, mais isto é disputado.

A maior parte do que se sabe da lingua procede das obras de Francisco Pareja, un misioneiro franciscano que chegou a St. Agustin en 1595. Durante os seus 31 anos vivindo cos timucua, desenvolveu un sistema de escrita para a lingua. De 1612 a 1628, publicou varios catecismoss hispano-timucua, así como unha gramática da lingua timucua. Incluíndo as súas sete obras superviventes, só sobreviven dez fontes primarias de información sobre a lingua timucua, incluíndo dous catecismos escritos en timucua e español por Gregorio de Movilla en 1635, e unha carta en timucua traducida ao español para a Coroa de 1688.

En 1763 os británicos tomaron Florida a España tras a guerra dos Sete Anos, en troques de cederlles Cuba. A maioría dos colonos españois e dos indios da misión, incluídos os poucos falantes de timucua, partiron cara a Cuba, preto da Habana. O grupo lingüístico está agora extinto.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search